Quesos Feijoo estrea bodega de maduración de queixos

Programa: LEADER 23-27
Tipo: Produtivo
Ano: 2025
Entidade: Privada

Resumo do proxecto

Expediente: 7119-10-0025
Promotor: Quesos Feijoo
Concello e lugar: Concello de Celanova
Zona: Celanova
Renovables: Sí
Puntuación: 90
Orzamento aceptado: 21.060 €
Porcentaxe axuda: 50 %
Contía Axuda: 10.530 €
UTAS Xerados: 0,5
UTAS Consolidados: 3,41
UTAS desfavorecidos: 1

Descrición

Quesos Feijoo é un proxecto familiar cunha traxectoria que se remonta a 1949, actualmente representado por Julio Alonso Feijóo,  xunto cos seus pais e avós. Ao longo da súa historia, a queixería foi ampliando e diversificando a súa produción. Ata 2010/2012 elaboraba principalmente queixo de tetilla, de país e de barra, e a partir dese momento incorporou tamén queixos de mestura e variedades elaboradas con leite de ovella e cabra.

Co apoio da axuda LEADER, o proxecto permitiu modernizar unha antiga cámara frigorífica e convertela nunha bodega de maduración de queixos, equipada cun sistema de control automático da temperatura, humidade e ventilación. A actuación responde principalmente a unha necesidade de espazo, xa que a capacidade da antiga bodega limitaba o desenvolvemento da actividade.

Máis espazo para a maduración

A nova cámara permitirá mellorar as condicións de maduración e aumentar a capacidade produtiva, garantindo o control da temperatura, a humidade e a ventilación durante todo o proceso. Para unha queixería na que os produtos permanecen meses en maduración, contar con maior capacidade supón tamén poder xestionar mellor os recursos económicos.

A produción de queixo implica manter unha parte importante do diñeiro da empresa inmobilizado durante o tempo que dura a maduración, mentres o leite debe pagarse a final de mes. Neste contexto, Julio explica que a axuda LEADER, aínda que supón unha parte do investimento total, achega tranquilidade á hora de afrontar a actuación.

Unha mellora que permite seguir modernizando unha actividade familiar con décadas de traxectoria e afrontar as necesidades de espazo dunha queixería que foi ampliando a súa variedade de produtos ao longo dos anos.