Recuperación elementos etnográficos Bande

Programa: LEADER 17-22
Tipo: Non produtivo
Ano: 2021
Entidade: Pública

Resumo do proxecto

Expediente: L21-19.20- 10-0261
Promotor: Concello de Bande
Concello e lugar: Bande
Puntuación: 59
Orzamento aceptado: 35.000,00 € €
Porcentaxe axuda: 77,78% %
Contía Axuda: 27.223 € €

Descrición

Recuperación do patrimonio existente no núcleo de Martiñán (Bande) o que axudará ao desenvolvemento de Bande. A recuperación deste legado cultural, incrementará notablemente o atractivo turístico. Tamén vai incidir na mellor conservación do entorno rural.

Esta actuación xerará unha conciencia na poboación de conservación e respecto polo entorno natural e patrimonial. Esta dirixido á poboación local e foránea que faga uso e desfrute dos valores ofertados polo entorno, repercutindo positivamente na economía local, sobre todo no sector hostaleiro e na restauración.

Protexer o que aporta valor

Sandra Quintas, alcaldesa de Bande, ten claro que no seu concello hai moito valor patrimonial que protexer e recuperar.

Teñen por exemplo, a Igrexa de Santa Comba ou o campamento romano Aquis Querquennis de alto valor, pero a decisión do concello tamén é aportar orzamento para aqueles que son máis pequenos pero tamén aportan valor.

“Queremos darlle significación ao rural”, sinala Sandra. Por iso, nesta ocasión recuperaron a fonte da parroquia de Martiñán, unha das máis usadas polos veciños e que tamén ten ao lado un Peto de Ánimas, que forma parte do roteiro. Nesta fonte tamén pasan máis sendeiros e era precisa a súa conservación.

En Bande teñen claro que queren seguir apostando e traballando nesta mesma liña para apostar polo rural e a conservación do patrimonio, como pode ser o forno dos veciños de A Granxa.