Recuperar unha casa para descubrir Celanova e a súa contorna

Programa: LEADER 23-27
Tipo: Produtivo
Ano: 2025
Entidade: Privada

Resumo do proxecto

Expediente: 7119-10-0014
Promotor: Mercedes Vázquez Pérez
Concello e lugar: Concello de Celanova
Zona: Fechas (Santa María)
Renovables: Sí
Puntuación: 72
Orzamento aceptado: 152.809,83 €
Porcentaxe axuda: 50 %
Contía Axuda: 76.404,92 €
UTAS Xerados: 0,5
UTAS Consolidados: 0,5
UTAS desfavorecidos: 1

Descrición

Mercedes Vázquez Pérez, enxeñeira industrial, puxo en marcha en Celanova un establecemento turístico en modalidade de pensión con apartamentos, a partir da rehabilitación dunha edificación tradicional. O proxecto xorde tras o seu traslado de Vigo a Celanova e da oportunidade de recuperar unha vivenda nunha contorna rural coa que se sentía identificada.

A intervención deu lugar a dous apartamentos independentes, un por planta, cunha capacidade máxima de oito prazas. O establecemento busca ofrecer un servizo de calidade e, ao mesmo tempo, achegar ás persoas hóspedes as posibilidades turísticas da contorna, mediante información sobre rutas, patrimonio, cultura e actividades da zona.

Un aloxamento para descubrir a contorna

A proposta inclúe información turística sobre diferentes recursos próximos, desde rutas de sendeirismo e BTT polo Parque Baixa Limia-Serra do Xurés ata roteiros culturais e literarios vinculados a figuras como Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro e Xosé Luís Méndez Ferrín. Tamén se pon en valor o patrimonio histórico e arqueolóxico da zona e as tradicións e celebracións vinculadas ao Entroido.

O establecemento prevée recibir principalmente familias galegas, mentres que durante o verán tamén a persoas procedentes doutras partes de España e de Portugal. Para Mercedes, ofrecer información sobre a contorna forma parte da propia proposta do aloxamento, que contempla tamén a posibilidade de desenvolver novas actividades, como talleres.

A axuda LEADER foi fundamental para facer posible o inicio do proxecto, xa que, segundo explica a promotora, sen este apoio sería difícil poñelo en marcha.