Residencia Virxe da Clamadoira
Resumo do proxecto
Descrición
Proxecto de ampliación, reforma e equipamento da residencia de maiores Virxe da Clamadoira, da Fundación San Rosendo.
Este espazo pasa de ser unha residencia (con 39 prazas) e centro de día (con 30 prazas) a unha residencia de 59 prazas, eliminando o centro de día das súas instalacións, por falta de demanda. A ampliación e reforma céntrase na planta baixa da edificación co obxectivo de conseguir ampliar 20 prazas e dotar o novo espazo do equipamento e mobiliario preciso.
Mellores instalacións e mellor calidade de vida
No ano 2011 a Fundación San Rosendo pon en marcha unha residencia de maiores e centro de día no concello de Muíños, concretamente na localidade de Barxés, un entorno cunha poboación envellecida, no que existen necesidades asistenciais significativas.
Inicialmente, a Residencia Virxe da Clamadoira contaba con servizos asistenciais para atender a 39 persoas maiores e dependentes, así como cun gran espazo acondicionado como local multiusos na planta baixa.
O incremento da demanda de prazas, fixo que se levara a cabo unha importante reforma no 2017, transformado a planta baixa do inmoble destinada ao centro de día en habitacións para poder aumentar o número de prazas. Deste modo, deixa de funcionar o centro de día, pero amplíase a residencia e pode ofertar un total de 59 prazas, que lle permiten dar resposta á alta demanda que hai na contorna.
Tamén se realizaron melloras no sistema eléctrico, reparación de humidades e saneamento, actuacións nas carpinterías exteriores e na zona verde que rodea o inmoble. Unha mellora completa nas instalacións que pretende crear un espazo confortable para os usuarios e usuarias da residencia.