Sabor da Aldea: maquinaria para a fábrica de embutido

Programa: LEADER 17-22
Tipo: Produtivo
Ano: 2018
Entidade: Privada

Resumo do proxecto

Expediente: L18-19.20- 10-0110
Promotor: As Uces de Santa Baia SC
Concello e lugar: Vilar de Santos
Orzamento aceptado: 31.084,72 €
Porcentaxe axuda: 50 %
Contía Axuda: 15.542,36  €
UTAS Xerados: 0,5
UTAS Consolidados: 2,51
UTAS desfavorecidos: mulleres, 0,5

Descrición

No ano 2015 a entidade promotora inicia a actividade de elaboración de enchidos no semisoto propiedade das persoas socias da entidade.

A boa e propicia marcha da empresa permite a realización dunha ampliación do negocio. Para iso, pretenden acondicionar o acceso á sala, ampliar as instalacións e adquirir nova maquinaria e así, con isto, aumentar a produción e a produtividade.

Ampliarase a sala de fabricación de enchidos – que pasará de 31 metros cadrados a 61,60 metros cadrados – e o almacén.

Tamén se acondicionarán outras infraestruturas precisas para un maior e mellor desenvolvemento da actividade.

Chourizos caseiros da Limia para todo o mundo

Aldo Fernández é un rapaz que está a continuar co negocio da súa familia en Vilar de Santos, un supermercado do que é responsable o de que, dende hai uns anos, tamén comercializa chourizo da casa. Tamén teñen outro supermercado en Rairiz de Veiga.

A idea xurdiu atendendo ás necesidades dos veciños da zona, que se ían facendo cada vez máis maiores e non podían realizar a matanza, pero non querían renunciar ao sabor dos embutidos da casa.

El mesmo é o responsable de realizar os chourizos no seu obradoiro, que conta con cámara frigorífica, amasadora, picadora e embuchadora. Emprega carnes de máxima calidade que proceden de pequenas explotacións. Encárgase tamén de facer un correcto seleccionado da carne.

Comercialízanse nas súas tendas pero tamén a través da rede, na súa páxina web. O proxecto medrou tanto que agora traballa con preto de 6000 kilos de carne para elaborar os chourizos. Este embutido é o resultado dun modelo tradicional dende a cría ata a transformación da carne.

Actualmente, súa nai vende tamén mermeladas caseiras elaboradas con froitas de tempada, azucre e limón, que tamén se poden mercar nas tendas e na rede.