San Bartolomeu de Baltar
Resumo do proxecto
Descrición
Proxecto de restauración do retablo da igrexa parroquial de San Bartolomeu de Baltar, atribuído ao famoso escultor barroco Castro Canseco.
Este traballo supón a recuperación patrimonial dun elemento de gran importancia histórico-artística. E para isto, realizaranse labores de conservación e restauración, tendo en conta os diferentes procesos de creación e respetando a orixinalidade da obra, tanto do soporte de madeira, como das capas pictóricas do conxunto.
Protexer o patrimonio e potenciar o turismo
A Igrexa parroquial de San Bartolomeu de Baltar forma parte dun conxunto histórico de gran beleza, que atrae numerosos visitantes á vila.
No seu interior acolle o retablo da Virxe Maior do Rosario, do artista leonés Castro Canseco, cuxo estilo se caracteriza pola delicadeza no talle e a abundante utilización de columnas salomónicas, tal como se pode ver nas múltiples pezas que deixou por todo o sur de Galicia, no seu paso pola nosa terra entre finais do século XVII e principios do XVIII.
Este retablo sitúase no brazo esquerdo do cruceiro do templo e, por mor do paso do tempo, presentaba numerosos signos de deterioro, que foron eliminados tras o proceso de restauración. O labor de conservación realizado nesta peza supuxo unha serie de procesos para a recuperación, tanto do soporte de madeira como das capas pictóricas do conxunto, acadando un gran resultado.
Desta forma estamos, non só ante a recuperación patrimonial dun elemento de gran importancia no ámbito cultural e etnográfico, senón tamén ante a consolidación dun punto de interese para a promoción turística da zona.