San Miguel de Berredo
Resumo do proxecto
Descrición
Proxecto de restauración do retablo maior da igrexa de San Miguel de Berredo, no concello da Bola. Para levar a cabo este traballo de conservación e restauración teranse en conta os aspectos históricos, estéticos e materiais (que non se deben separar) para buscar as causas de deterioración e chegar a unha proposta de intervención, que cumpra coa responsabilidade de conservación fronte ao patrimonio cultural e a sociedade.
Conservación do patrimonio relixioso na Bola
A parroquia de Berredo, situada na Bola, acolle a pequena igrexa de San Miguel de Berredo. Ante o deterioro do retablo maior desta igrexa, o seu párroco, Emilio Casal, decidu buscar a fórmula para levar a cabo un tratamento de restauración e conservación do mesmo.
Este retablo presentaba grandes problemas estruturais e de policromía, polo que se realizou un estudo para acadar a mellor fórmula para o seu tratamento e acordouse utilizar materiais e procesos que poidan ser facilmente eliminados sen danar a obra, é dicir, respectando o principio de reversibilidade. Isto supón que os procedementos e materiais empregados non obran en prexuízo da mesma.
Así mesmo, empregáronse materiais que actúan con baixa toxicidade e inocuidade para calquera dos compoñentes materiais da obra e para os operarios que leven a cabo o proxecto.
O resultado é un retablo cunha nova vida e un paso máis na conservación do noso patrimonio.