Un libro para descubrir a riqueza patrimonial de Sarreaus
Resumo do proxecto
Descrición
O Concello de Sarreaus impulsa a edición dunha guía-libro sobre o Plan Director de Patrimonio, co obxectivo de dar a coñecer a riqueza patrimonial e natural do municipio e facilitar o seu coñecemento tanto entre visitantes como entre a propia veciñanza.
A publicación recollerá a diversidade de bens e elementos de interese do concello, destacando o seu valor arqueolóxico, histórico e cultural, así como o patrimonio inmaterial e as tradicións locais, entre elas o Entroido de Sarreaus. A guía contará cun deseño e unha presentación atractivos e orixinais, incluíndo os traballos de edición, deseño, colaboracións e maquetación.
Recoller, coñecer e divulgar o patrimonio
O proxecto ten unha dobre finalidade, histórica e didáctica. A recompilación da información permitirá contribuír á conservación, protección, catalogación, posta en valor e difusión dos bens que forman parte do patrimonio arqueolóxico do concello.
A guía tamén busca mostrar a relación entre o patrimonio histórico e outros recursos do territorio, como o patrimonio etnográfico e arquitectónico, a gastronomía, a paisaxe e a natureza. A intención é contribuír á creación dunha oferta sociocultural na que o descanso, o lecer e a formación estean vinculados ao coñecemento do territorio.