Novas · Publicada a listaxe definitiva de admitidos do proceso de selección de persoal técnico do GDR Limia-Arnoia

Publicada a listaxe definitiva de admitidos do proceso de selección de persoal técnico do GDR Limia-Arnoia

O luns 20 de outubro fixemos pública a listaxe provisional de admitidos no proceso de selección de persoal técnico para xestionar o programa LEADER 2023-2027 no territorio.

A continuación, presentamos a listaxe definitiva de admitidos e excluídos no proceso.

No caso de detectarse algún erro na documentación a posteriori, será requirida ás persoas candidatas en calquera momento do proceso antes da sinatura do contrato de traballo, momento no que deberá demostrar que se cumpren cos requisitos para o posto.

Seguinte paso: a proba escrita

A proba escrita celebrarase o vindeiro xoves 6 de novembro de 2025, ás 10.00 horas nas instalacións municipais do concello de Xinzo de Limia, en concreto na Casa da Cultura. Enviarase correo electrónico recordando o día e lugar da celebración. É indispensable traer o DNI, sen a identificación non poderedes facer a proba escrita.

Calquera dúbida ou consulta poderedes facela por correo electrónico info@limia-arnoia.gal ou ao teléfono 6040260618.

Máis artigos sobre Novas