Novas · Aberta a inscrición para adherirse ao GDR10 Limia-Arnoia

Aberta a inscrición para adherirse ao GDR10 Limia-Arnoia

As asociacións, cooperativas e comunidades de montes que desexen formar parte do grupo deben presentar a solicitude de adhesión xunto coa documentación seguinte antes do día 2 de xullo.

  • Modelo de adhesión (descargar)
  • Copia estatutos e NIF da asociación
  • Acordo de Xunta Directiva de adhesión ao GDR 10 (LIMIA ARNOIA)
  • Demostrar como mínimo un ano de actividade da asociación(se formaban parte dun GDR anteriormente non faría falla demostrar este último apartado).

O novo GDR10 Limia-Arnoia engloba os concellos de Allariz, Baltar, Bande, Baños de Molgas, Bola (A), Blancos (Os), Calvos de Randín, Celanova, Entrimo, Lobeira, Lobios, Maceda, Muíños, Porqueira (A), Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Taboadela, Trasmiras, Verea, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Xinzo da Limia, Xunqueira de Ambía.

 

Máis artigos sobre Novas

Taboadela acolle a presentación do Xeodestino das Artes

Este sábado 4 de outubro, a Rectoral de Taboadela acollerá unha xornada moi especial que marcará a presentación oficial do Xeodestino Allariz-Maceda, tamén coñecido como Xeodestino das Artes. Será un encontro pensado para achegar a cultura á veciñanza, combinar tradición