O luns 28 tivo lugar no concello de Xinzo unha xuntanza entre alcaldes e alcaldesas dos concellos da Limia, á que asistiu tamén a xerente do Inorde, co obxectivo de identificar a alternativa mais axeitada para a xestión dun Xeodestino para a comarca. Logo de darlle traslado á Axencia de Turismo de Galicia, a intención é definir e concretar á mellor opción de xestión turística de cara ao vindeiro outono.

O GDR Limia-Arnoia xa ten os catro proxectos ganadores da convocatoria 2026 de Terra de Oportunidades
O Grupo de Desenvolvemento Rural Limia-Arnoia vén de coñecer os catro proxectos gañadores da convocatoria Terra de Oportunidades 2026, unha iniciativa impulsada por CaixaBank en colaboración con máis de 50 Grupos de Desenvolvemento Rural de todo o Estado para apoiar

