Novas · Reunión de presentación do borrador de proxecto “Reto Demográfico” para concellos do territorio GDR Limia-Arnoia

Reunión de presentación do borrador de proxecto “Reto Demográfico” para concellos do territorio GDR Limia-Arnoia

O martes 13 de xullo 2021 tivo lugar no concello de Celanova unha xuntanza de representantes (alcaldesas, alcaldes e técnic@s municipais) para presentar o borrador de proxecto sobre Reto Demográfico co cal pretendemos acceder aos fondos Next Generatión, no territorio GDR10 Limia- Arnoia.

Este ambicioso proxecto terá como eixo prioritario a posta en valor das nosas ALDEAS como modelo de asentamento poboacional sostible, recuperación demográfica, tecnolóxicamente punteiras e xeradoras de riqueza, a través dun concepto sinérxico dotado de amplos servizos.

Nas vindeiras datas seguiremos traballando na concreción deste proxecto, en diferentes encontros cos concellos para adaptar o proxecto ás súas necesidades e oportunidades

Máis artigos sobre Novas

Taboadela acolle a presentación do Xeodestino das Artes

Este sábado 4 de outubro, a Rectoral de Taboadela acollerá unha xornada moi especial que marcará a presentación oficial do Xeodestino Allariz-Maceda, tamén coñecido como Xeodestino das Artes. Será un encontro pensado para achegar a cultura á veciñanza, combinar tradición