Novas · Ábrese proceso selectivo para a creación dun posto de técnica/o para o GDR Limia-Arnoia

Ábrese proceso selectivo para a creación dun posto de técnica/o para o GDR Limia-Arnoia

O GDR Limia-Arnoia abre proceso selectivo para a creación dun posto de técnica/o. O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días hábiles a partir de hoxe (18 de xaneiro de 2023). 

O posto créase para completar e mellorar o equipo técnico do GDR10 Limia-Arnoia. Entre as súas funcións estarán informar á poboación sobre iniciativas do GDR10 como Aterra ou Equal Rural, sobre os fondos LEADER, ou o acompañamento e asesoramento na xestión dos proxectos presentados ao programa LEADER. 

O obxectivo é contar cun equipo interdisciplinario e móbil que viaxe por todo o territorio para informar e asesorar á poboación. 

Presentación de solicitude e proceso selectivo

As interesadas/os deberán presentar: modelo de solicitude (pode descargarse ao final deste post), currículo, copia do DNI, carné de conducir, declaracións, valoración de méritos (modelo que pode descargarse ao final deste post) e copia da documentación que acredite os méritos alegados. As solicitudes presentaranse no correo info@limia-arnoia.gal e entenderase por rexistrada a participación cando o GDR envíe unha resposta coa mensaxe: “Recibido. O seu número de rexistro é:_”.

Despois de comprobar o cumprimento dos requisitos, ábrese un proceso selectivo que consta de tres fases:

  • Fase A: proba escrita (60 puntos).
  • Fase B: entrevista persoal (15 puntos).
  • Fase C: valoración curricular (25 puntos).

Podedes consultar as bases da convocatoria con toda a información máis detallada a continuación. Pódese contactar co GDR no correo info@limia-arnoia.gal ou no teléfono 604 028 453.

Máis artigos sobre Novas

Taboadela acolle a presentación do Xeodestino das Artes

Este sábado 4 de outubro, a Rectoral de Taboadela acollerá unha xornada moi especial que marcará a presentación oficial do Xeodestino Allariz-Maceda, tamén coñecido como Xeodestino das Artes. Será un encontro pensado para achegar a cultura á veciñanza, combinar tradición