Novas · Un grupo de 20 expertos no abandono de terras de toda Europa visita varias explotacións da comarca

Un grupo de 20 expertos no abandono de terras de toda Europa visita varias explotacións da comarca

Un grupo de 20 expertos de toda Europa pertencentes ao Grupo Focal “Recuperación de terras agrarias abandonadas”, da Rede Europea da PAC (EU CAP Network) achegouse esta mañá ata a provincia de Ourense para coñecer os proxectos do Ecoespazo O Rexo, a gandeiría de leite Ecoleia, ambos en Allariz, e a aldea modelo de O Penedo, en Boborás. A visita estivo organizada coa colaboración do GDR Limia-Arnoia.

Durante este primeiro semestre do 2023, este grupo de vinte expertos de toda Europa traballarán na identificación e na análise de iniciativas que reduzan o abandono de terras agrarias, así como para recuperar aquelas xa abandonadas. Ao longo destes primeiros seis meses do ano, abordarán os principais retos e oportunidades e as diferentes dimensións deste tipo de procesos: técnica e produtiva, social e institucional, ambiental e económica.

Precisamente o GRD Limia-Arnoia puxo en marcha a finais de decembro do 2022 unha ambiciosa iniciativa denominada Aterra e que ten como obxectivo o impulso de novos proxectos agrogandeiros en todo o territorio de actuación do Grupo de Desenvolvemento Local.

Máis artigos sobre Novas

Taboadela acolle a presentación do Xeodestino das Artes

Este sábado 4 de outubro, a Rectoral de Taboadela acollerá unha xornada moi especial que marcará a presentación oficial do Xeodestino Allariz-Maceda, tamén coñecido como Xeodestino das Artes. Será un encontro pensado para achegar a cultura á veciñanza, combinar tradición