Novas · 18 labregas portuguesas visitan a Reserva da Biosfera Área de Allariz

18 labregas portuguesas visitan a Reserva da Biosfera Área de Allariz

18 produtoras de mazá, viño, aceite e horta da zona de Tarouca (Portugal) están hoxe de visita en distintos puntos da Reserva da Biosfera de Allariz para coñocer algún dos proxectos que se están a desenvolver na zona.

Comezaron a xornada coa visita a Carabuñas; unha explotación situada en Vilar de Santos e que se adica ao cultivo do sabugueiro e a elaboración de produtos coa baga e as flores deste arbusto. Logo visitaron a granxa de Ecoleia, en Allariz, onde da man dos seus xestores coñeceron todo o proceso de produción do leite ecolóxico. A mañá rematou coa visita ao O Rexo, un ecoespazo no que se elaboran queixos a base de leite crú.

Xa pola tarde darán un paseo polos diferentes xardíns de Allariz que participan no Festival Internacional de Xardíns.

Este encontro, organizado polo GDR Limia-Arnoia e pola Reserva da Biosfera Área de Allariz, forma parte do proxecto europeo Equal Rural no que se analiza a través de diferentes actividades o papel da muller no sector agrícola.

Máis artigos sobre Novas, Reserva da Biosfera

Taboadela acolle a presentación do Xeodestino das Artes

Este sábado 4 de outubro, a Rectoral de Taboadela acollerá unha xornada moi especial que marcará a presentación oficial do Xeodestino Allariz-Maceda, tamén coñecido como Xeodestino das Artes. Será un encontro pensado para achegar a cultura á veciñanza, combinar tradición