Novas · O Xeodestino de Allariz-Maceda recibe o premio nacional SICTED pola mellora da súa calidade turística

O Xeodestino de Allariz-Maceda recibe o premio nacional SICTED pola mellora da súa calidade turística

Esta mañá tivo lugar no marco da Feira Internacional de Turismo – FITUR – que se está a celebrar en Madrid a entrega dos premios SICTED nos que se recoñeceu o compromiso e o traballo realizado ao longo dos últimos meses para a mellora e calidade no sector turísitco no Xeodestino Allariz-Maceda. A Alcaldesa de Allariz e Presidenta do Xeodestino Allariz e Maceda, Cristina Cid, foi a encargada de recoller o galardón acompañada de María López, Concelleira de Promoción Económica do Concello de Allariz; e Eva Sampedro, técnica do GDR Limia-Arnoia.

Nos últimos meses, o GDR Limia-Arnoia impulsou unha serie de iniciativas co fin de que os diferentes locais hostaleiros e turísticos do territorio que forma o Xeodestino Allariz-Maceda implataran unha serie de melloras turísticas para obter o selo do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino – SICTED -; un proxecto promovido pola Secretaría de Estado de Turismo.

En total adheríronse 21 empresas do sector turístico pertencentes ao Xeodestino Allariz-Maceda ás cales se lle entregará o seu correspondente certificado nun acto que terá lugar o vindeiro 29 de febreiro no Hotel Oca de Allariz. O Xeodestino Allariz-Maceda está composto polos concellos de Allariz, Maceda, Baños de Molgas, Taboadela, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Cunqueira de Ambía, Paderne e San Cibrao das Viñas.

Máis artigos sobre Novas

Taboadela acolle a presentación do Xeodestino das Artes

Este sábado 4 de outubro, a Rectoral de Taboadela acollerá unha xornada moi especial que marcará a presentación oficial do Xeodestino Allariz-Maceda, tamén coñecido como Xeodestino das Artes. Será un encontro pensado para achegar a cultura á veciñanza, combinar tradición