Novas · Directivos e técnicos do GAL da Comarca de Antequera coñecen o modelo turístico de Allariz

Directivos e técnicos do GAL da Comarca de Antequera coñecen o modelo turístico de Allariz

Membros do GDR Limia-Arnoia recibiron onte a un grupo de directivos e técnicos do Grupo de Acción Local da Comarca de Antequera, integrado por sete concellos da provincia de Málaga, que viaxaron ata Galicia para coñecer o modelo de desnvolvemento turístico sostible de Allariz e da súa contorna.

A visita comezou coñecendo un tramo da Vía da Prata que conduce o Camiño de Santiago ata a vila medieval de Allariz. O punto de encontro foi San Salvador dos Penedos e dende alí andiveron uns varios quilómetros do camiño.

Ás 12:15 horas a Alcaldesa de Allariz, Cristina Fernández; e a Concelleira de Promoción Económica, María López; recibíronnos na Casa do Concello onde lle explicaron as bases do modelo de desenvolvemento turístico sostible que se está a aplicar tanto no centro histórico de Allariz como na contorna. A súa visita continuou pola tarde cunha viaxe ata o municipio de Xunqueira de Ambía para coñecer un lugar tan emblemático como a colexiata de Santa María a Real.
Acompañados por membros do GDR Limia-Arnoia a delegación malagueña coñeceu de primeira man como se implantou esta estratexia turística como modelo de desenvolvemento rural.

Máis artigos sobre Novas

Taboadela acolle a presentación do Xeodestino das Artes

Este sábado 4 de outubro, a Rectoral de Taboadela acollerá unha xornada moi especial que marcará a presentación oficial do Xeodestino Allariz-Maceda, tamén coñecido como Xeodestino das Artes. Será un encontro pensado para achegar a cultura á veciñanza, combinar tradición