Novas · O GDR Limia-Arnoia participa no proxecto SEMTAYR centrado na mellora da experiencia peregrina na Vía da Prata

O GDR Limia-Arnoia participa no proxecto SEMTAYR centrado na mellora da experiencia peregrina na Vía da Prata

O proxecto SEMTAYR é un dos tres proxectos nacionais aprobados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, en relación aos camiños Xacobeos, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea a través dos Fondos NextGenerationUE, en Experiencias Turismo España, con 1.499.190,00€.

O obxectivo

Este proxecto abarca catro Camiños Xacobeos oficiais a Santiago de Compostela: Vía Augusta, Camiño Mozárabe, Vía da Prata e Camiño Sanabrés coa intención de mellorar a sinalización, facilitando o seu mantemento e promovendo o atractivo turístico, con especial atención á súa accesibilidade e deste xeito, poder promocionar este histórico recorrido xacobeo. É seguramente o que máis quilómetros ten de todos os camiños Xacobeos, cuns 2.150 quilómetros que pasan por 280 municipios.

SEMTAYR está liderado polo GDR Sierra Morena Sevillana e conta coa participación doutros 30 Grupos de Desenvolvemento e Acción Local de diferentes comunidades autónomas: Andalucía, Extremadura, Castela e León e Galicia, onde se atopa o GDR Limia-Arnoia e ADR Terras de Pontevedra Norte.

Ademais, o proxecto conta coa participación e apoio da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago e das Asociacións provinciais afectadas no seu ámbito de actuación xunto coa Association des amis du Camino Mozarabe de París.

Accións a levar a cabo

Neste senso, haberá accións comúns para todo o ámbito do proxecto e outras individuais no territorio de cada socio:

Comúns
  • Evolución da marca.
  • Creación dunha plataforma web chamada “Observatorio Camino de Santiago: Vía de la Plata – Camino Mozárabe” e a súa aplicación móbil.
  • Plan de comunicación.
Individuais do GDR Limia-Arnoia

No caso do GDR Limia Arnoia, traballamos na elaboración dun informe detallado sobre o estado das fontes nos tramos do Camiño de Santiago que cruzan os concellos de Baños de Molgas, Xinzo de Limia, Sandiás, Trasmiras, Sarreaus, Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía, Taboadela e Allariz. Deste xeito, elabórase un inventario sobre as fontes existentes, avalíase o seu estado de conservación e propóñense medidas para a súa mellora e mantemento, fomentando un uso sostible da auga.

Os pasos a seguir son:

  • Rexistrar audiovisualmente con fotografías e vídeos as fontes, que servirá para a elaboración do informe pero tamén para divulgar a importancia destas fontes como parte da nosa identidade.
  • Facer unha campaña de sensibilización: “A auga sempre busca o (seu) Camiño”, promovendo o uso responsable da auga e a redución dos plásticos. Con isto animaríase a veciños e peregrinos a non consumir auga embotellada e concienciar sobre a importancia de manter e utilizar as fontes do Camiño de Santiago.
  • Propoñer intervencións para garantir a conservación e accesibilidade das fontes.

Camiñar cara a un futuro máis sostible significa coidar a nosa contorna e garantir que os recursos fundamentais, como a auga, sigan sendo accesibles e de calidade. Preservar as fontes é preservar a nosa historia e a nosa relación coa natureza.

Máis artigos sobre Novas

Taboadela acolle a presentación do Xeodestino das Artes

Este sábado 4 de outubro, a Rectoral de Taboadela acollerá unha xornada moi especial que marcará a presentación oficial do Xeodestino Allariz-Maceda, tamén coñecido como Xeodestino das Artes. Será un encontro pensado para achegar a cultura á veciñanza, combinar tradición