Dende o GDR Limia-Arnoia sumámonos ao proxecto de cooperación Espacios Efímeros, unha iniciativa que compartimos con outros territorio rurais de Galicia, Asturias, Cantabria e Portugal e que busca revitalizar o comercio local e crear novas oportunidades para persoas emprendedoras a través dun formato máis atractivo e innovador: as tendas efémeras.
Este proxecto ten unha duración de 18 meses e inclúe accións concretas en cada territorio, combinadas cun traballo en conxunto de todos os grupos participantes. En Galicia, participamos co GDR Galicia Suroeste Eurural, que ademais exerce de coordinador do proxecto.
Hoxe, día 29 de abril, recibimos na nosa sede aos grupos que colaboran con nós para deseñar e firmar o acordo de colaboración de posta en marcha do proxecto.
Que imos facer dende o GDR Limia-Arnoia?
A nosa participación céntrase en impulsar e dinamizar o tecido comercial e emprendedor do noso territorio. Por iso, os pasos a seguir son:
- Diagnosticar o comercio local. Estudiaremos a situación actual dos servizos, tendas e iniciativas comerciais, tendo en conta retos como o peche de establecementos, o despoboamento ou a competencia do comercio electrónico.
- Acompañar ao comercio existente. Prestaremos apoio e asesoramento ás tendas que xa están abertas, co obxectivo de mellorar a súa promoción, modernizar os espazos e facer que se sintan parte dun proceso de transformación conxunta.
- Detectar novas iniciativas emprendedoras. Identificaremos personas con ideas e ganas de emprender nas nosas vilas, especialmente no eido da artesanía, alimentación, textil, restauración ou servizos culturais. Ofreceremoslles ferramentas reais para dar os primeiros pasos.
- Crear unha tenda efémera no territorio. Organizaremos, polo menos, un evento durante o proxecto no que se poida experimentar este novo modelo de tenda temporal, flexible, sostible e con actividades culturais paralelas. Será unha oportunidade para testar produtos, coñecer ao publico e xerar interacción entre comercio e cultura.
Un proxecto común con entidade propia
A nivel colectivo, todos os GDR participantes traballaremos no deseño dun modelo común de tenda efémera, así como na creación dunha imaxe de marca, unha web e unha programación de eventos compartida. Tamén haberá un evento final conxunto que permitirá dar visibilidade aos logros do proxecto e ás persoas protagonistas de cada territorio.
En definitiva, Espacios Efímeros buscar reactivar o comercio local dende unha perspectiva máis actual, creativa e colaborativa, facendo que os nosos produtos e talentos teñan máis presenza e recoñecemento, dentro e fóra do territorio.