Novas · O GDR Limia-Arnoia ofrece unha mentoría gratuíta para mellorar a comunicación de pequenas empresas locais

O GDR Limia-Arnoia ofrece unha mentoría gratuíta para mellorar a comunicación de pequenas empresas locais

Dende o GDR Limia-Arnoia sabemos que sacar adiante un proxecto ou un pequeno negocio non é tarefa doada. Por iso, puxemos en marcha un programa de mentoría totalmente gratuíto, pensado para persoas autónomas e pequenas empresas da nosa área de actuación que queiran mellorar aspectos clave do seu día a día.

En que consiste?

Ofrecemos bolsas de mentoría individualizada que inclúen 5 sesións prácticas (5 horas en total), das cales 2 serán presenciais, co obxectivo de:

  • Mellorar a túa comunicación (páxina web, redes sociais…)
  • Avanzar na dixitalización do teu negocio.
  • Optimizar a túa presenza en Google.
  • Aprender a usar ferramentas como ChatGPT para aforrar tempo e gañar eficiencia.

Para quen é?

Este programa está pensado para xente que está á fronte dun proxecto e que non sabe por onde comezar cando se trata de mellorar a súa presenza dixital ou a súa comunicación.

Ofrecemos un acompañamento realista, sen tecnicismos, centrado nas túas necesidades e coa guía dunha persoa experta que che axudará paso a paso.

Como participar?

Se tes interese neste programa de mentoría, só tes que cubrir este formulario breve para que poidamos coñecer mellor a situación do teu proxecto

Nós acompañámoste. Sen custo e sen complicacións. Calquera dúbida podes poñerte en contacto coa nosa oficina no teléfono 988 688 779.

Máis artigos sobre Novas

Taboadela acolle a presentación do Xeodestino das Artes

Este sábado 4 de outubro, a Rectoral de Taboadela acollerá unha xornada moi especial que marcará a presentación oficial do Xeodestino Allariz-Maceda, tamén coñecido como Xeodestino das Artes. Será un encontro pensado para achegar a cultura á veciñanza, combinar tradición