Novas · CaixaBank e o GDR Limia-Arnoia lanzan unha nova convocatoria de “Tierra de Oportunidades” para fomentar o emprendemento e o emprego en zonas rurais

CaixaBank e o GDR Limia-Arnoia lanzan unha nova convocatoria de “Tierra de Oportunidades” para fomentar o emprendemento e o emprego en zonas rurais

O GDR Limia Arnoia e CaixaBank veñen de lanzar unha nova edición do programa ‘Tierra de Oportunidades’, iniciativa destinada a fomentar a creación de emprego, impulsar o emprendemento rural e fixar poboación en áreas despoboadas.

‘Tierra de Oportunidades’ ten o obxectivo de localizar e recoñecer proxectos rurais innovadores, sostibles e con capacidade para atraer e reter talento, así como para crear novas oportunidades laborais en áreas que afrontan desafíos demográficos significativos.

Esta sexta edición desenvólvea CaixaBank en colaboración con máis de 50 Grupos de Acción
Local de todo o territorio español e entidades promotoras do emprendemento de 49 provincias,
entre eles, o GDR Limia Arnoia; premiándose 216 emprendedores e proxectos, catro deles
pertencentes ao noso ámbito
.

A convocatoria está dirixida, de xeito xeral, a emprendedores cuxa actividade se desenvolva nun municipio cunha poboación inferior a 5.000 habitantes, aínda que nalgunhas comarcas se aceptarán municipios de ata 10.000 habitantes, e que facturen menos de 300.000 euros ao ano, coma no caso de Allariz, Celanova e Xinzo de Limia.

A recepción de solicitudes farase a través de www.tierradeoportunidades.caixabank.com, entre o
14 de maio e o 4 de xuño e o fallo está previsto que se coñeza ao longo do mes de xuño.

Os proxectos gañadores recibirán axudas de 1.000 euros, incorporaranse a un programa de mentoría e acompañamento personalizado, en colaboración con mentores especialistas de Voluntariado CaixaBank, e accederán ao ‘Reto de Tierra de Oportunidades’, unha iniciativa de ámbito nacional en colaboración coa Rede Española de Desenvolvemento Rural (REDR) e Rural Talent, que ofrece visibilidade, acompañamento e novas oportunidades de crecemento a emprendedores rurais.

Os gañadores poderán optar, ademais, a ser un dos proxectos presentados na plataforma U4Impact para que un estudante universitario realice o seu Traballo de Fin de Grao (TFG) sobre algún reto da súa empresa ou emprendemento. Así mesmo, CaixaBank puxo en marcha unha plataforma común, que xerará comunidade entre todos os emprendedores.

Cinco anos de programa

Desde que Acción Social CaixaBank o puxo en marcha en 2021, o programa ‘Tierra de Oportunidades’ apoiou a máis de 7.000 emprendedores e asinou 193 convenios de colaboración con Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) e entidades sociais que traballan pola integración rural para impulsar o emprendemento rural e a inserción laboral nestas zonas.

En colaboración cos GDR comarcais, a Rede Española de Desenvolvemento Rural (REDR) e o promotor do emprendemento Rural Talent, o programa premiou, ademais, 670 proxectos nos seus cinco anos de traxectoria.

Sobre “Tierra de Oportunidades Caixabank”

Tierra de Oportunidades é un programa de Acción Social CaixaBank que ten como obxectivo apoiar o emprendemento, crear emprego e ofrecer oportunidades de futuro ao medio rural. A entidade quere axudar directamente a emprendedores rurais con proxectos en funcionamento, detectando o seu potencial e necesidades e ofrecéndolles apoio económico, formación e acompañamento.

Todo isto, co apoio dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR ou GAL), coñecedores en profundidade do tecido económico dos respectivos territorios, e contando coas sinerxías creadas con outras áreas da entidade: desde o acompañamento e a mentoría (Voluntariado CaixaBank), ata o financiamento (MicroBank e AgroBank) e a creación dunha comunidade de emprendedores de todo o país (nos programas formativos lanzados da man de Rural Talent, co impulso do banco).

Máis artigos sobre Novas