Novembro chega con novas propostas para desfrutar da cultura, das tradicións e da vida nos concellos da Limia-Arnoia. Para que non perdas ningún plan, xa podes consultar o cartel cos eventos previstos para este mes.
Entre as citas propias desta época destacan o samaín e propostas gastronómicas populares, coma o magosto, unha oportunidade para reunirse, compartir e manter vivas as tradicións locais.
Consulta a axenda de novembro
O calendario mensual permite localizar as actividades previstas e organizar as túas próximas saídas. Así, 25 Motivos convértese nun punto de encontro para coñecer o que acontece nos diferentes concellos e participar na vida cultural e social da Limia-Arnoia.
Consulta o cartel de novembro e descubre que plans che agardan: gastronomía, deporte, ocio… E, para coñecer máis detalles ou estar ao día das novas propostas que se vaian incorporando, visita a sección de eventos da web.

Que é 25 Motivos?
25 Motivos é unha iniciativa do GDR Limia-Arnoia que nace para dar a coñecer os recursos, as actividades e as oportunidades dos 25 concellos do territorio. A través da súa web, 25motivos.gal, reúnese información útil para descubrir o que ofrece a comarca, tanto para a veciñanza como para as persoas que a visitan.
A plataforma conta cunha sección específica de eventos que funciona como unha axenda común do territorio. Nela pódense consultar festas, concertos, feiras, actividades culturais e deportivas e outras citas de interese, co obxectivo de facilitar o acceso á programación e axudar a descubrir novos plans.


