Novas · O GDR Limia-Arnoia rexistra máis de 60 solicitudes na convocatoria LEADER 2026

O GDR Limia-Arnoia rexistra máis de 60 solicitudes na convocatoria LEADER 2026

O programa LEADER, integrado no Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PEPAC) 2023-2027, constitúe unha ferramenta clave para impulsar o desenvolvemento do medio rural desde unha perspectiva sostible. A través deste programa, apóianse iniciativas que contribúen a dinamizar a economía local, mellorar a calidade de vida e favorecer o asentamento de poboación no territorio.

Un dos seus elementos fundamentais é o papel dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR), entidades formadas por axentes públicos e privados que traballan de maneira coordinada para identificar necesidades, definir estratexias e seleccionar aqueles proxectos que mellor responden á realidade do territorio.

No ámbito do GDR Limia-Arnoia, a convocatoria correspondente a 2026 vén de pechar o prazo de presentación de solicitudes cun total de 67 proxectos rexistrados, o que amosa unha vez máis o interese e a implicación do tecido social e económico na posta en marcha de novas iniciativas no rural.

Tipoloxía dos proxectos presentados

  • 38 proxectos produtivos, para os que se orzamentan 4.026.077,64 €.
  • 13 proxectos non produtivos públicos, para os que se orzamentan 461.477,60 €.
  • 16 proxectos non produtivos privados, para os que se orzamentan 546.774,01 €.

Na actualidade, as solicitudes atópanse en fase de revisión e avaliación, seguindo os criterios establecidos nas bases reguladoras e en réxime de concorrencia competitiva.

Dende o GDR Limia-Arnoia queremos agradecer a participación de todas as persoas, entidades e empresas que presentaron as súas propostas, contribuíndo a seguir construíndo un territorio máis dinámico, activo e con futuro.

Máis artigos sobre Novas

Programación Ruralmente: que imos facer?

O proxecto Ruralmente continúa a súa programación cunha serie de xornadas dedicadas á pataca de Galicia, un produto clave para a economía e a identidade agraria da comarca da Limia. As actividades desenvolveranse os días 25, 26 e 27 de