O luns 28 tivo lugar no concello de Xinzo unha xuntanza entre alcaldes e alcaldesas dos concellos da Limia, á que asistiu tamén a xerente do Inorde, co obxectivo de identificar a alternativa mais axeitada para a xestión dun Xeodestino para a comarca. Logo de darlle traslado á Axencia de Turismo de Galicia, a intención é definir e concretar á mellor opción de xestión turística de cara ao vindeiro outono.

Nace “25 motivos”: unha nova web para descubrir todo o que ofrece o territorio Limia-Arnoia
25motivos.gal nace como un novo punto de encontro para facilitar a consulta e achegar nun mesmo espazo propostas, historias e recursos dos 25 concellos do territorio Limia-Arnoia: A Bola, Allariz, Baltar, Bande, Baños de Molgas, Os Blancos, Calvos de Randín,

