Novas · Publicados os resultados da proba escrita do proceso selectivo do GDR Limia-Arnoia

Publicados os resultados da proba escrita do proceso selectivo do GDR Limia-Arnoia

Dende o GDR Limia-Arnoia facemos públicos os resultados da proba escrita correspondente ao proceso selectivo aberto para a contratación de persoal técnico para xestionar o programa LEADER 2023-2027 no territorio.

Para superar esta fase era necesario acadar un mínimo do 50% da puntuación total, sendo a proba valorada sobre 10 puntos.
Do total, 5 puntos correspondían ao coñecemento dos proxectos e obxectivos do GDR, mentres que o resto avaliou a proposta de idea de futuro, valorando o seu encaixe coas liñas de traballo da entidade, o grao de detalle e a estrutura da proposta presentada.

As persoas candidatas dispoñen de tres días naturais para presentar alegacións, que deberán enviarse ao correo electrónico info@limia-arnoia.gal. Os resultados definitivos publicaranse nesta mesma web o día 12 de novembro.

A entrevista persoal

O seguinte paso para aquelas persoas que superaron a proba escrita é a entrevista persoal. Esta terá lugar o venres 14 de novembro de 2025, ás 10:00 horas, nas instalacións municipais do Concello de Xinzo de Limia (Casa da Cultura).

As persoas aspirantes serán chamadas por orde de rexistro, cunha diferenza aproximada de 20 minutos entre cada unha. Poderán estar presentes desde o inicio da convocatoria ás 10 horas ou incorporarse segundo a súa hora estimada.

Para calquera dúbida ou consulta, poden contactar co GDR Limia-Arnoia a través do correo info@limia-arnoia.gal ou no teléfono 6040260618.

Máis artigos sobre Novas