Novas · Programación Ruralmente: que imos facer?

Programación Ruralmente: que imos facer?

O proxecto Ruralmente continúa a súa programación cunha serie de xornadas dedicadas á pataca de Galicia, un produto clave para a economía e a identidade agraria da comarca da Limia. As actividades desenvolveranse os días 25, 26 e 27 de marzo na Casa da Brea, en Piñeira Seca, e combinarán divulgación, reflexión, visitas e actividades culturais.

Durante tres días abordaranse diferentes aspectos arredor deste cultivo, desde a alimentación de proximidade e a transformación do produto ata o papel das indicacións de calidade, a comunicación ou a evolución da paisaxe agraria da Limia.

Programación

As actividades desenvolveranse en tres días:

25 de marzo

  • 10:00 h – Apertura do espazo.
  • 11:00 h – Participación da Escola de Sarreaus.
  • 12:00 h – Ponencia: A transformación da pataca coa intervención de José Ángel Sotelo, xerente de Patatas Guays. Tamén hai visita ás instalacións para 20 persoas.
  • 17:00 h – Apertura do espazo e exposición fotográfica.
  • 18:00 h – Visita á aldea de Piñeira Seca.

26 de marzo

  • 10:00 h – Apertura do espazo
  • 10:30 h – A importancia das IXP.
  • 11:30 h – Ponencia: A comunicación dixital para as marcas de calidade coa intervención de Pablo Sanmartín de Dixital GO.
  • 17:00 h – Actuación da Agrupación Musical de Xinzo de Limia.
  • 17:30 h – Apertura institucional do acto.
  • 17:50 h – Xerencias GDR para falar do proxecto Ruralmente, con intervencións técnicas do GDR Limia-Arnoia, Galicia Suroeste e Diva.
  • 18:30 h – Homenaxe a Pepe da Droguería. Conversa con Pepe da Droguería, Cazolas e Marcos coa súa familia de Pitelos.
  • 19:30 h – Xoucukin con Iván Méndez e Gerson Iglesias e música en directo con Elos, formado por Marta Bravo e Sergio Tanus.

27 de marzo

  • 10:00 h – Apertura do espazo.
  • 11:00 h – Arquitectura tradicional galega, coa participación de Manuel Seoane Feijóo, arquitecto.
  • 12:00 h – Ponencia: A Limia. A transformación da paisaxe, impartida por Francisco García da Fundación Juana de Vega.
  • 13:00 h – Estudio económico da Limia: A economía pataqueira. Impartida por Francisco J. Ferreiro Seoane da USC e Manuel O. Del Campo Villares da UDC.
  • 16:00 h – Aperta do espazo. Estas actividades requiren inscrición previa.
  • 17:00 h – Apertura institucional do acto co proxecto Ruralmente e A economía pataqueira.
  • 18:40 h – Entrega dos Premios Semente.
  • 19:30 h – Xoucukin con Iván Méndez e Gerson Iglesias e música en directo co Cuarteto Caramuxo.

Estas xornadas buscan poñer en valor o papel da pataca na Limia, reflexionar sobre o seu presente e futuro e crear un espazo de encontro entre profesionais, veciñanza e persoas interesadas no desenvolvemento do rural.

Máis artigos sobre Novas