Espazos Efémeros regresa a Celanova nesta Semana Santa (do 2 ao 4 de abril) cunha nova xornada dedicada á creatividade, á cultura e á dinamización do territorio. Durante varios días, o Mercado de Abastos de Celanova transformarase nun escenario vivo onde proxectos artísticos, propostas culturais, iniciativas emprendedoras e actividades abertas ao público compartirán protagonismo.
Esta iniciativa busca poñer en valor o talento e as ideas que nacen ou dialogan co rural, xerando un punto de encontro entre creadoras e creadores, veciñanza e visitantes nun ambiente próximo, participativo e accesible.
Ao longo da xornada poderanse descubrir exposicións, obradoiros, intervencións e outras actividades pensadas para todos os públicos, convertendo Celanova nun espazo para pasear, entrar, conversar e deixar sorprenderse.
Programación
Xoves, 2 de abril
O horario do mercado é de 12h a 21h.
- 12h: Apertura e inauguración do mercado de Espazos Efémeros.
- 17h: Obradoiro demostración Miss Lya.
- 19h: Actuación musical de Dous.
Venres, 3 de abril
O horario do mercado é de 10h a 14h e de 16h a 21h.
- 12h: Obradoiro demostración Fabiana.
- 17.30h: Obradoiro demostración Moi de Flores.
- 19h: Actuación musical de Crúas.
Sábado, 4 de abril
O horario do mercado é de 10h a 14h e de 16h a 21h.
- 13h: Actuación musical de Elos.
- 16:30h: Obradoiro demostración de cerámica Só para min.
- 18h: Obradoiro de danza Nuria Sotelo.
- 20.30h: Acto de peche.



